Thursday 02 de May de 2024

Mañá abre o prazo de preinscrición para as actividades infantís e xuvenís de verán


O prazo de presincrición para as actividades de verán infantís e xuvenís que organiza o Concello estará aberto entre os días 10 e 16 de maio. Deberán realizarse a través da sede electrónica e só poderán apuntarse nenos e nenas empadroados no municipio.

Para ofrecer un amplo abano de posibilidades, adaptado ás necesidades e preferencias de cada fogar, organízanse desde obradoiros dunha hora ata campamentos de varios días. Entre outras actividades haberá campamentos, excursións, minicampamentos, hortas, danza, teatro, kaiak, surf, xogos deportivos, parkour, orientación, escalada, paddle surf, sendeirismo, bicicleta, rugby, piragüismo, tiro con arco, artes plásticas, olería, encadernación decorada, banda deseñada, maxia…

É posible obter máis información na web municipal ou na Fábrica.

MÁIS INFORMCIÓN: http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/c-ensino-e-xuventude/xuventude?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=columna-1&p_p_col_count=2&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_assetId=10253608&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_urlTitle=actividades-veran-2022&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2Fc-ensino-e-xuventude%2Fxuventude